xoves, 20 de maio de 2010

DOMINIO DO CASTELÁN SOBRE O GALEGO

Os alumnos acaban a ESO con máis dominio do castelán ca do galego


Os alumnos galegofalantes logran resultados similares en ambas as linguas, pero non así os que só se expresan en castelán, que teñen un dominio substancialmente menor do galego.

Máis información en:

http://www.lavozdegalicia.com/galicia/2010/05/06/0003_8465014.htm

http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2010/05/06/alumnos-terminan-fallos-gallego-escrito/382141.html

http://www.20minutos.es/noticia/697780/0/

http://www.galiciae.com/nova/53381.html

DICTAME DO CONSELLO CONSULTIVO SOBRE O DECRETO DO GALEGO

O ditame do Consello Consultivo ve "dúbidas de legalidade" en que os pais poidan elixir a lingua das materias


O ditame do Consello Consultivo sobre o decreto do plurilingüismo no ensino, que a Xunta pretende que entre en vigor o próximo curso 2010-2011, observa "dúbidas de legalidade" e chega a presentar puntos de posible "ilegalidade" en que, a través de consultas, se lles traslade aos pais a potestade de elixir a lingua en que se imparten determinadas materias.

Máis información en:

http://www.anosaterra.org/media/media0000022848.pdf (texto íntegro do ditame)

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=635&desc=o_consello_consultivo_de_galicia_di_que_o_decreto_do_plurilinguismo_e_ilegal

http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/un-ditame-duro/idEdicion-2010-05-13/idNoticia-546770/

http://noticias.lainformacion.com/espana/el-dictamen-del-consultivo-ve-dudas-de-legalidad-en-que-los-padres-puedan-elegir-la-lengua-de-asignaturas_phuGvycLt4XED2n3B4LL14/

MANIFESTACIÓN DE "QUEREMOS GALEGO": GALIZA TEN FUTURO

Manifestación do Día das Letras Galegas: “Só en galego, Galiza ten futuro”


Preto de 50.000 persoas –100.000 segundo os organizadores– ateigaron onte as rúas de Compostela na cuarta manifestación convocada pola plataforma Queremos Galego –e apoiada polos principais partidos da oposición, BNG e PSdeG, ademais de por colectivos como a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)– contra o decreto de Feijóo.

A manifestación, que se puxo en marcha pasadas as doce da mañá dende a Alameda compostelá ao ritmo dos tambores, estaba encabezada pola pancarta de Queremos Galego (co lema tomado de Novoneyra: "O galego, a forza do noso amor"), que sostiñan o portavoz da plataforma, Carlos Callón; o secretario xeral da CIG, Suso Seixo; o deputado nacionalista Bieito Lobeira; e a coordinadora nacional de EU-IU, Iolanda Díaz.

Máis información en (todos os xornais galegos recollen hoxe esta nova; nós escolmamos unicamente algúns dos medios que a publican en lingua galega):

http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/galego-galiza-ten-futuro/idEdicion-2010-05-18/idNoticia-548433/

http://www.xornal.com/artigo/2010/05/17/politica/galego-manten-pulso-na-rua-xunta/2010051723311200387.html

http://www.galiciae.com/nova/54121.html

http://www.vieiros.com/nova/79612/a-lingua-a-nosa-identidade-o-noso-ser

http://www.anosaterra.org/nova/45633/milleiros-de-persoas-saen-a-rua-en-defensa-do-galego-.html

luns, 10 de maio de 2010

XORNADA SOBRE A SITUACIÓN ACTUAL DA EDUCACIÓN EN GALICIA


A Educación deféndese dende as AULAS, dende os DESPACHOS e dende as nosas CASAS.
29 de maio de 2010 Sala Exposicións (Teatro Principal) – A Estrada.
Nun mundo tan cambiante e diverso como o presente e en sociedades tan complexas como as actuais, a función da escola é, necesariamente, moi complexa e para levala a cabo son precisas, non só habilidades e boa disposición, senón unha formación diferente e máis completa.
Entregámoslle á escola todas as tarefas, incluídas aquelas que antes levaban a cabo as familias, relacionadas coa socialización, a boa educación e o civismo:
encomendámoslle todo pero non nos fiamos dela. Colaboramos pouco como pais pero criticámola moito como usuarios do servizo, lle esiximos moito como gobernantes ou Administración pero non a dotamos de recursos necesarios para que leve a cabo a súa misión.
O primeiro que habería que preguntarse para valorar na súa xusta medida a tarefa do profesorado e a necesidade de que estea ben formado é:
Quen fai posible a escola? Quen constitúe a comunidade educativa? A resposta a ambas as dúas preguntas é a mesma: profesores e outros traballadores docentro, alumnos e as súas familias.
As administracións, sexan educativas ou outras, non fan senón dotar do marco físico (edificio e instalacións) ou do marco normativo (sistema educativo e currículos) os que hai que axustar ou que hai que desenvolver. Pero o único imprescindible para que haxa ensino (ou educación; á fin e ao cabo, son case sinónimos) é que haxa alguén disposto a ensinar e alguén disposto a aprender, o cal non sempre se produce.
FESANPAS e mais o Concello de A Estrada queren ofrecer á Comunidade Educativa deste municipio e arredores a posibilidade de coñecer e debater o que consideramos necesario para mellorar o noso sistema
educativo actual, por iso organizamos unha xornada na que participarán representantes políticos, docentes e
pais o vindeiro 29 de maio de 2010.

ENLACE: http://www.nontedurmas.org/federacion/article/xornada-sobre-a-situacion-actual?var_mode=calcul

PROGRAMA XORNADA:
29 de maio de 2010
Sala de Exposicións (Teatro Principal) – A Estrada
9.30 h Entrega de documentación
10.15 h Presentación:
D.ª Cristina González Diéguez - Presidenta Fesanpas
D. Manuel Sanmartín Obelleiro - Concelleiro de Educación da Estrada
10.30 h. D. Cesar Augusto Pérez Ares - Xefe do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de
Educación e Ordenación Universitaria
D. Román Rodríguez González - Portavoz de Educación do PP no Parlamento de Galicia
11.15 h Pausa-café
11.45 h D. Guillermo Meijón Couselo - Portavoz de Educación do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia
12.30 h D.ª Carme Adán Villamarín - Portavoz de Educación del BNG no Parlamento de Galicia
13.15 h D.ª Mª José Rodríguez Teso - Presidenta Federación Apas de Pontevedra (FANPA)
14.00 h Xantar
15.30 h Mesa redonda con representantes dos sindicatos:
ANPE - CIG Ensino - FETE-UXT - CCOO
Modera: D. José M. Blanco Sanmartín - Secretario de Fesanpas
17.00 h Clausura

mércores, 5 de maio de 2010

CATAPALABRAS - NOVO XOGO EDUCATIVO EN REDE

Catapalabras, novo xogo educativo en rede da AS-PG


A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) amplía a súa oferta de xogos educativos na rede co Catapalabras, un xogo no que poden participar de dous/dúas a catro xogadores/as e que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais, etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.

Este xogo vénse a sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, todos eles cun alto índice de aceptación e participación, e pretende contribuír á galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza.

Máis información en:

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=615&desc=palabras_sobre_xogos_que_comecen_por_c-:_catapalabras

martes, 4 de maio de 2010

MACROFESTIVAL A PROL DA LINGUA GALEGA

A plataforma Queremos Galego organiza un macrofestival pola lingua para o 17 de abril


Berrogüeto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, Uxía, Lamatumbá, Galegoz e moitos máis tocarán a prol da lingua o vindeiro 17 de abril en Pontevedra. Son 15 grupos que amosan o seu compromiso co galego e o seu apoio ás reivindicacións da plataforma cidadá Queremos Galego. O concerto será o 17 de abril, a partir das 19.30 h, no Recinto Feiral de Pontevedra. As entradas terán un prezo de 10 euros na venda anticipada e 12 no despacho de billetes o propio día.

Máis información en:

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=565&desc=macrofestival_queremos_galego!_o_17_de_abril_15_grupos_tocando_xuntos_pola_lingua_en_pontevedra

http://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/festival-queremos-gaelgo (lugares para a venda anticipada de entradas)