luns, 16 de maio de 2011

Universo Pereiro

Durante os últimos meses o portal culturagalega.org dedicoulle unha atención especial á figura do homenaxeado co gallo das Letras Galegas este ano, Lois Pereiro. Agora compila toda esta información nun especial que nos achega á súa biografía e á súa relación coa música (influencia da música na súa obra, versións, poemas musicados...), e ofrécenos un dossier no que se recollen estudos e materiais audiovisuais relacionados co autor monfortino.
Así mesmo, na sección dedicada ao Día das Letras Galegas 2011 compílanse novas sobre as actividades que se desenvolven en toda Galicia para homenaxear a Lois Pereiro.
Desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística tamén se conmemora a figura da persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas con materiais didácticos e cos carteis gañadores dos concursos convocados para primaria e secundaria.

Máis información en:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18931
http://www.culturagalega.org/seccion.php?tipo=D%EDa%20das%20Letras%20Galegas%202011
http://www.xunta.es/linguagalega/lois_pereiro

Os meus favoritos, guía para difundir o uso de galego en internet

Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus SNL, difunden a guía Os meus favoritos, para contribuír á difusión da información en lingua galega, ao mesmo tempo ca da música, do deporte, da creación artística... Tamén ao uso en galego dos sistemas operativos, paquetes ofimáticos, navegadores ou redes sociais. Os obxectivos deste proxecto son facilitar o descubrimento e o coñecemento do ciberespazo en galego, vincular a lingua galega con novos e modernos espazos de uso –concretamente na rede e nas novas tecnoloxías– e contribuír á difusión da información de todo tipo na nosa lingua.
Pódese descargar a guía na seguinte ligazón:
http://www.ctnl.org/upload/not/828-d-osmeusfavoritos2011.pdf

Máis información en:
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=828&desc=os_meus_favoritos,_guia_para_difundir_o_uso_de_galego_en_internet

Queremos Galego convoca unha mobilización expansiva o 17 de maio

A plataforma cívica Queremos Galego convoca unha mobilización expansiva que terá lugar o 17 de maio pola mañá en ducias de lugares do país e de fóra. En cada unha destas concentracións convocadas por Queremos Galego, unidas por un mesmo lema e un manifesto común, promoveranse lecturas colectivas de textos literarios nos que se reivindique a lingua propia de Galiza, cun protagonismo senlleiro para a figura de Daniel Castelao, nos 125 anos do seu nacemento.

Máis información en:

http://queremosgalego.org/
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=824&desc=queremos_galego_convoca_unha_mobilizacion_expansiva_o_17_de_maio
http://www.anosaterra.org/nova/51803/17-de-maio-52-prazas-en-defensa-do-galego-.html
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/pais-regresion/idEdicion-2011-05-13/idNoticia-668565/

Xornada Letras Galegas e Internet

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) organiza a xornada Letras Galegas e Internet no Centro Multimedia de Galicia. A SXPL quere aproveitar a coincidencia da festividade das Letras Galegas co Día de Internet para contribuír a difundir entre a sociedade os novos recursos lingüísticos dispoñibles a través da rede.
A xornada terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro xoves 19 de maio, e contará con expertos que falarán do software libre, dos dicionarios en liña, de recursos educativos, etc. Poderase seguir por internet en directo, das 10:30 ás 13:30 h, en www.cmg.xunta.es/emision/directo/directo.htm

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas_e_internet
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/xornadasgalegas_Programa.pdf

O profesorado de infantil dispón de novos materiais para traballar a competencia lingüística en galego do alumnado

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou tres curtas de animación coas que a secretaría xeral pretende facilitarlle novos recursos ao profesorado de infantil para traballar a competencia lingüística en galego do alumnado. Trátase dos contos Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos, que están acompañados dun CD cunha proposta didáctica.
A secretaría xeral enviaralles estes materiais audiovisuais, producidos por OQO editora, a todos os centros educativos de Galicia que imparten educación infantil, segundo anunciou hoxe Anxo Lorenzo no marco dos VIII Encontros de Educación Infantil de Galicia, en Santiago de Compostela, nos que participan 500 profesores e profesoras.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1824

Agasallo sincronizado para o mundo

O colectivo GalegoLab promove Agasallo sincronizado para o mundo, que ten como obxectivo conseguir que o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o galego se escoite de xeito sincronizado nos cinco continentes. Trátase de que, a partir dunha mesma partitura, todos/as os/as artistas que o desexen fagan a súa propia versión e a poñan á disposición do público en YouTube.
Deste xeito, o vindeiro 17 de maio todos poderemos compartir cos nosos coñecidos a versión que máis nos guste, provocando unha distribución en rede que permita que o galego se escoite ese día nos cinco continentes.

Máis información en:
http://galegolab.org/proxecto-realizado/agasallo-sincronizado-para-o-mundo-1/
http://codigocero.com/En-marcha-unha-proposta-para

A lingua preferida, manifesto da IV Festa da Lingua

A Deputación da Coruña, desde a Área de Normalización Lingüística, organizou en Bergantiños a IV Festa da Lingua, unha actividade que cada ano ten lugar nunha comarca da provincia. Na cita, alén de actuacións musicais e teatrais, o escritor Xurxo Borrazás leu o manifesto “A lingua preferida”, no que declara que non queremos unha lingua celebrada, que a preferimos falada. Na seguinte ligazón ofrecémosvos o texto do manifesto, escrito polo propio Xurxo Borrazás:
http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=825&desc=a_lingua_preferida

Os concellos galegos festexan o Día das Letras Galegas

Diversos concellos de Galicia organizan actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Concertos, concursos, representacións teatrais, contacontos, etc. son algunhas das actividades programadas. Incluímos aquí a programación de Santiago de Compostela, Zas, Ourense, Vigo e Redondela, e pedimos desculpas por obviar as doutros concellos, xa que non nos foi posible acceder á información de todos.

Máis información en:
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?id_nova=7183&lg=gal
http://snlzas.blogaliza.org/2011/05/06/programacion-letras-galegas-2011/
http://www.ourense.es/portalOurense/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_3879_4.pdf
http://snl.vigo.org/index.php?id=120&item=357
http://servizonlredondela.blogaliza.org/?p=504

Máis de 80 concellos xa apostan por coordinar coa Xunta as súas actuacións de dinamización da lingua galega

Un total de 85 entidades xa forman parte da Rede de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia busca promover a coordinación das actuacións de fomento do uso do galego desde o ámbito municipal e aumentar a efectividade destas.
Por outra banda, o próximo mes de xuño a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten previsto organizar as primeiras xornadas de formación da Rede de Dinamización Lingüística. Esta iniciativa, que se desenvolverá en varios días, constará de diversos seminarios dirixidos aos representantes técnicos dos concellos adheridos á Rede. O programa, que incluirá contidos específicos sobre o funcionamento da Rede, afondará nos conceptos, fases e estratexias da planificación lingüística.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1830

Alumnado de educación secundaria de Barcelona tende novas pontes entre as linguas galega e catalá

Alumnos e alumnas de educación secundaria que estudan galego en Cataluña grazas ao proxecto Galauda pasan unha semana en Galicia para completar a súa actividade académica. Trátase dos estudantes do IES Sant Just Desvern de Barcelona, que foron recibidos polo responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Durante o acto de benvida o secretario xeral transmitiulles aos rapaces e ás rapazas que “saber galego é un valor engadido, xa que coñecer novas linguas supón unha riqueza e unha oportunidade, amplía o universo de comunicación e constitúe unha ponte que facilita o acceso a outros idiomas e culturas”. Así mesmo, incidiu nos principais obxectivos do proxecto Galauda, que son “fomentar o respecto ás linguas e ás culturas entre os adolescentes, promover a diversidade lingüística e cultural e favorecer a percepción do plurilingüismo como unha riqueza”.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1828

A presenza do galego medra nos libros electrónicos

O galego é a terceira lingua máis editada nos libros electrónicos en España. Son os datos proporcionados pola Dirección Xeral do Libro do Ministerio de Cultura, que destaca que a produción editorial aumentou o ano pasado un 3,9% respecto de 2009, en especial a edición electrónica, que medrou case un 50%, fronte á edición en papel, que se reduciu nun 1%.

Máis información:
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/galego-medra-ebooks/idEdicion-2011-05-10/idNoticia-667521/

xoves, 5 de maio de 2011

O futuro membro da Real Academia Galega Xosé Luís Regueira considera que “hai un intento político para desmontar a normalización do galego”

Di, así mesmo, que hai que “reaccionar contra os ataques e revertelos”.

Máis información en:
http://www.xornal.com/artigo/2011/05/01/cultura/hai-intento-coordinado-politicamente-desmontar-normalizacion-do-galego/2011050122014100970.html

O Correlingua 2011 quere chegar a 45.000 participantes

A edición 2011 do Correlingua contará con 45.000 participantes, 5.000 máis do que no pasado ano, segundo as previsións da organización.

Máis información en:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=18827
http://www.correlingua.org/main.aspx

Bocaberta propón novas actividades para encher o tempo de lecer dos máis novos con poesía, música e maxia en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en Forcarei unha das iniciativas coas que o programa Bocaberta está a promover o uso do galego entre os máis novos por toda Galicia. Trátase da actividade Señor Mundo, dígame?.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1812

As dioceses reafirman a súa vontade de impulsar programas de actuación para promover o galego no ámbito relixioso

Favorecer a presenza da lingua galega nas actividades relixiosas que organizan para os seus fregueses. Ese é o obxectivo dos programas de actuación que as dioceses de Mondoñedo-Ferrol e de Tui-Vigo desenvolverán durante este ano no marco de cadanseu convenio de colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1810

Investigadores do Instituto da Lingua Galega coordinan un proxecto internacional para crear un tesouro de léxico patrimonial

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG) colabora con centros de investigación de universidades portuguesas e brasileiras na creación dun tesouro léxico que permitirá obter información sobre o significado, uso e distribución xeográfica de voces patrimoniais de galego, portugués europeo e portugués do Brasil.

Máis información en:
http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2011_04/noticia_0105.html

O aumento do prestixio social do galego será un obxectivo prioritario para a política lingüística da Xunta en 2011

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en rolda de prensa o balance de actividade realizada en 2010 pola Xunta de Galicia en materia de promoción da lingua galega e mais as principais liñas de actuación da secretaría xeral para este ano.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1815

Política Lingüística quere contar coas mancomunidades de municipios para o fomento social do galego desde o ámbito local

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de dirixirse ás máis de trinta mancomunidades de municipios de Galicia para achegarlles información sobre a Rede de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia busca avanzar na coordinación e no impulso das actuacións en materia de dinamización da lingua galega en colaboración coas entidades locais.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1806

A Universidade de Santiago de Compostela presentou un novo web sobre a frecuencia e distribución dos apelidos en Galicia

Saber o número de persoas que levan un apelido nun determinado municipio galego ou coñecer como se distribúe un patronímico en Galicia xa é posible grazas á ferramenta en liña denominada Cartografía dos apelidos de Galicia (CAG), creada polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (ILG).
A CAG ofrece información da frecuencia e distribución dos apelidos de Galicia a partir dos datos do Censo de poboación do ano 2001, proporcionados polo Instituto Nacional de Estatística (Madrid) á Real Academia Galega. A páxina facilita información sobre o número de apelidos que se rexistra en cada concello e sobre a porcentaxe de apelidos do concello tendo en conta o número total de apelidos. Esta información numérica represéntase nun mapa temático dos concellos en que a frecuencia de aparición do apelido se marca cunha gradación de cores.

Máis información en:
http://ilg.usc.es/cag/

Os XIII Encontros para a Normalización Lingüística reflexionaron sobre o papel dos concellos na promoción do uso do galego

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou en Santiago de Compostela na inauguración dos XIII Encontros para a Normalización Lingüística, que nesta edición tiveron como un dos seus principais centros de interese o papel dos concellos na promoción do uso do galego.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1817

Nos ditos encontros, o CCG presentou un informe no que se conclúe que a falta de coherencia por parte dos gobernos e a ausencia de transversalidade son as eivas principais das políticas lingüísticas dos concellos.

Máis información en:
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/obrigas-incumpridas/idEdicion-2011-04-29/idNoticia-663810/

Campaña na internet para una “infección” de optimismo a prol da lingua galega

Espallar, coma un contaxio, o optimismo a prol da lingua galega. É o que queren conseguir catro vídeos a prol do galego, producidos por Manuel Núñez Singala e Manuel Bermúdez, do Servizo de Normalización Lingüística da USC, que se presentaron nos 13º Encontros de Normalización Lingüística do Consello da Cultura.

Pódense ver os vídeos nas seguintes ligazóns:
Contaxio: http://www.youtube.com/watch?v=oRc90uSH-38
Liberdade: http://www.youtube.com/watch?v=DbTZig_SMyg
Responsabilidade: http://www.youtube.com/watch?v=r2YTfzPGDKg
Lingua minoritaria: http://www.youtube.com/watch?v=scARyXKiZHk

Máis información en:
http://www.anosaterra.org/nova/51673/infeccion-de-optimismo-a-prol-da-lingua.html